Ir o contido principal
Nome:
Miguel
Apelidos:
Vieito Villar
Que se che da ben?
Formación e Apoio Educativo - Formador/a
Grao Universitario - Dereito
Queres explicar algo máis sobre o que sabes facer?

Son avogado e asesor e vivo nun Lugar pequeniño dun Concello pequeniño, e a moita honra!
Moi orientado a facer o meu traballo no rural e dende o rural, contribuíndo a desmontar esa idea de que só está limitado o espazo a determinadas profesións, ou que para atopar boas/bos profesionais cómpre ir a un entorno urbano.

Tamén son mediador e mediador familiar; así como formador.
Imparto materias relacionadas co Dereito, pero tamén con impacto en poboación xeral: son voluntario dixital da Xunta, e tamén axente formador do INCIBE, fago sesións sobre como protexerse en materia de ciberseguridade, ou como manexarse co Catastro a nivel usuario.
Cousiñas xurídicas aplicadas á cidadanía e en clave divulgadora.

Onde vives?
Outeiro de Rei
Que días estás dispoñible?
Só de luns a venres.
Dispós de vehículo para desprazarte?
Si
En que horario estás dispoñible?
Indiferente.