
Titularidade do sitio web:
- Titular: Asociación Vacantes.gal
- NIF/CIF: G26796532
- Enderezo: Lugar As Basilias, 5. Labrada (Abadín). Lugo
- Correo electrónico de contacto: info@vacantes.gal
- Nome comercial: Vacantes.gal
1. Obxecto
O presente Aviso Legal regula o acceso, navegación e uso do sitio web www.vacantes.gal, así como as responsabilidades derivadas da utilización dos seus contidos.
O acceso e uso deste sitio web atribúe a condición de usuario, e implica a aceptación plena e sen reservas do presente Aviso Legal.
Vacantes.gal é unha plataforma gratuíta que permite ás persoas usuarias crear un perfil persoal e/ou profesional, buscar ou ofrecer servizos, e establecer contactos con outras persoas ou entidades para fomentar oportunidades laborais ou de ocio no rural galego.
2. Propiedade intelectual e industrial
Todos os contidos (textos, imaxes, marcas, logotipos, deseños, código fonte, etc.) son propiedade de Vacantes.gal ou de terceiros con licenza, e están protexidos pola lexislación sobre propiedade intelectual e industrial.
Queda prohibida a súa reprodución, distribución ou transformación sen autorización expresa.
3. Uso do sitio web
O acceso e uso do Sitio Web atribúe a condición de usuario/a, e implica a aceptación plena e sen reservas do presente Aviso Legal, así como das Condicións de Uso e da Política de Privacidade, que regulan o uso da web.
4. Contidos e responsabilidade
Vacantes.gal comprométese a manter actualizados os contidos e información publicada no Sitio Web, pero non garante a ausencia de erros nin a actualización inmediata. O usuario/a é o único responsable do uso que faga do Sitio Web e dos contidos que publique, eximindo a Vacantes.gal de calquera responsabilidade derivada de accións de terceiros.
5. Enlaces a terceiros
O Sitio Web pode conter ligazóns a páxinas de terceiros, que se facilitan unicamente para a comodidade dos Usuarios/as. Vacantes.gal non se responsabiliza dos contidos nin das condicións legais de ditas páxinas externas.
6. Protección de datos
Vacantes.gal comprométese a tratar os datos persoais dos usuarios de acordo co previsto no Regulamento (UE) 679/2016 Xeral de Protección de Datos (RGPD) e na Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD). Podes consultar todos os detalles na nosa Política de Privacidade.
7. Modificacións do Aviso Legal
Vacantes.gal resérvase o dereito de modificar en calquera momento o presente Aviso Legal, así como as condicións de uso, para adaptalos a cambios lexislativos ou técnicos. As modificacións publicaranse no Sitio Web e terán efecto dende a súa publicación. Última actualización a data 3 de xullo de 2025.