
Información sobre Protección de Datos
Esta Política de Privacidade describe como se recollen, empregan, almacenan, comparten e protexen os datos persoais que nos facilitas como persoa usuaria de Vacantes (“Usuario/a”), tanto na área pública como na privada do sitio web (en diante, o “Sitio Web”).
Os teus datos persoais serán tratados de forma eficaz, proporcional e responsable, en cumprimento estrito do disposto no Regulamento (UE) 679/2016 Xeral de Protección de Datos (RGPD), na Lei Orgánica 3/2018, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais (LOPDGDD) e demais normativa aplicable.
1. Responsable do tratamento
- Identidade: Asociación Vacantes.gal
- Domicilio social: Lugar As Basilias, 5. Labrada (Abadín). Lugo
- NIF: G26796532
- Teléfono de contacto: 660 598 819
- Correo electrónico de contacto: info@vacantes.gal
- Delegado/a de Protección de Datos: info@vacantes.gal
2. Tipoloxía de datos tratados
Trátanse os datos necesarios para prestar os servizos de Vacantes.gal.
Datos obrigatorios para o rexistro:
- Enderezo de correo electrónico
- Alias ou nome de usuario/a único (permítense caracteres especiais)
- Tarefas que pode desenvolver
- Concello de residencia
- Concellos aos que se despraza
- Horario e días dispoñibles
- Se dispón de vehículo propio
Datos opcionais:
- Nome e apelidos
- Data de nacemento
- Teléfono de contacto
- Cadro de descrición persoal ou profesional
Todos os campos sinalados cun asterisco (*) nos formularios serán de obrigada cumprimentación. En caso de que non se faciliten ou se faciliten de forma incorrecta, poderá impedirse o rexistro como usuario/a, sen prexuízo de poder seguir visualizando o contido do Sitio Web.
3. Finalidade do tratamento e bases legais lexitimadoras
3.1. Rexistro na plataforma e prestación dos servizos
- Xestión do rexistro como Usuario/a de Vacantes.gal para acceder ao perfil e xestionar a conta.
Base legal: Execución dun contrato. - Permitir que outras persoas ou entidades poidan visualizar os teus datos e poñerse en contacto contigo.
Base legal: Interese lexítimo. (Poderás cambiar esta configuración no teu menú privado.) - Envío de comunicacións relacionadas co servizo, como solicitudes de contacto ou mensaxes de interese profesional.
Base legal: Execución dun contrato. - Se ti mesmo/a publicas no teu perfil datos de contacto persoais (teléfono, dirección, redes sociais...), Vacantes.gal non se fai responsable do uso que outras persoas poidan facer desa información.
Base legal: Consentimento. - Configuración da conta e do perfil.
Base legal: Consentimento. - Envío de recordatorios, confirmacións e notificacións sobre candidaturas.
Base legal: Execución dun contrato. - Gardar os teus contactos favoritos ou consultas gardadas.
Base legal: Consentimento. - Comunicacións técnicas ou obrigatorias: alertas de seguridade, avisos legais ou soporte.
Base legal: Execución dun contrato ou cumprimento legal. - Formulario de contacto: para enviar dúbidas, suxestións ou solicitudes.
Base legal: Consentimento. - Atención ao usuario/a: reclamacións, incidencias ou soporte.
Base legal: Execución dun contrato.
3.2. Fins analíticos e estatísticos
- Elaboración de informes sobre o uso da plataforma, accesos, actividade e perfís.
Base legal: Interese lexítimo. - Desenvolvemento de novas funcionalidades e mellora de servizos.
Base legal: Interese lexítimo. - Informes de transparencia e cumprimento de requisitos legais.
Base legal: Obriga legal.
3.3. Seguridade da conta e da plataforma
- Prevención de abusos, fraudes ou ataques dixitais (ex: spam, DDoS...).
Base legal: Interese lexítimo.
3.4. Cumprimento de obrigas legais
- Cumprimento de obrigas normativas e resposta a exercicios de dereitos.
Base legal: Obriga legal.
4. Prazo de conservación
- Os datos conservaranse mentres manteñas a túa conta activa e utilices os servizos.
- Se o tratamento se basea no teu consentimento, conservaranse ata que o revoques.
- Os datos bloquearanse antes da súa eliminación definitiva e conservaranse polos prazos legais aplicables para responder a posibles responsabilidades.
Se non accedes nin utilizas a túa conta durante 2 anos consecutivos, considerarase inactiva e será eliminada.
Durante o período de conservación, aplicaranse medidas de seguridade adecuadas para evitar perdas, destrución ou accesos non autorizados.
5. Enlaces ou páxinas de terceiros
No teu perfil podes incluír referencias a servizos externos. Se accedes a ligazóns a sitios web alleos, Vacantes.gal non é responsable do tratamento que realicen deses datos. Consulta as súas políticas de privacidade antes de compartir información persoal.
6. Destinatarios
Os teus datos non serán cedidos a terceiros, agás nos seguintes casos:
- Cando autorices a visibilidade do teu perfil.
- Se unha entidade ou persoa interesada en contactar contigo accede ao teu perfil.
- Provedores tecnolóxicos que prestan servizos á plataforma (baixo contratos de confidencialidade).
- Organismos públicos, autoridades fiscais, xulgados ou corpos de seguridade, cando legalmente se requira.
7. Dereitos das persoas usuarias
Podes exercer os seguintes dereitos:
- Acceso, rectificación, supresión, limitación, oposición e portabilidade.
Para iso, só tes que escribir a info@vacantes.gal. Tamén podes acudir á Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es) se consideras que non se respectan os teus dereitos.
8. Cookies
Vacantes.gal emprega cookies técnicas e analíticas. Podes consultar todos os detalles na nosa Política de Cookies, dispoñible no sitio web.
9. Confidencialidade e seguridade
Vacantes.gal comprométese a tratar os teus datos con confidencialidade, aplicando as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a súa integridade, dispoñibilidade e protección contra accesos non autorizados.
10. Modificacións da política de privacidade
Esta política poderá ser actualizada para adaptarse a cambios lexislativos ou técnicos. A última revisión foi feita o 26 de xuño de 2025. As modificacións publicaranse no Sitio Web.