Concello
Láncara
Descrición
O vindeiro sábado 14 de novembro celebraremos na Asociación de Veciños de Monseiro o II Magosto e foliada, no que ademáis das castañas e iscos, contaremos cun obradoiro de baile tradicional, actuacións do grupo de pandeireteiras POR VIR e da MURGUINSKY. Logo haberá foliada libre.
Monseiro é unha pequena aldea do concello de Láncara, situada na montaña máis oriental do mesmo, raiando xa con Samos e Triacastela. Podes chegar dende Sarria en menos de 15 minutos ou dende Lugo en 40 minutos.
Para máis info podedes visitar o noso instagram (@asociacion.monseiro)
Agardámoste!
Tipo de anuncio
Festas e eventos