Benvidas e benvidos a Vacantes, a web que une persoas que queren vivir e traballar en Galicia.

Nun contexto marcado pola despoboación e a dificultade para atopar profesionais no rural, www.vacantes.gal nace como un espazo GRATUÍTO para crear oportunidades, tecer redes de contactos entre persoas que se necesitan e fortalecer o noso territorio. Esta iniciativa de espírito COLABORATIVO foi evolucionando dende o seu nacemento grazas ás mensaxes das persoas que cren no proxecto e propoñen ideas novas de mellora. Deste xeito, esta plataforma creada POR e PARA TODOS, dá voz a problemáticas reais e propón solucións mais humanas, creando unha canle de comunicación directa entre a xente que vive no rural e a que quere vir vivir a el.
Crea o teu perfil, conta quen es, que sabes facer e que podes ofrecer.

Cando o rural se conecta, o rural medra.
Comparte saber, constrúe futuro.
O rural non está baleiro, está cheo de posibilidades.
Súmate a vacantes e forma parte do cambio
Melloramos a sección de inmobles.

Buscas fogar no rural? Novas fincas?
Arrendar, mercar ou vender agora é moito mais sinxelo e intuitivo.
Se estás a buscar a alguén, podes atopalo máis preto do que pensas.

Levar adiante o día a día non sempre é doado.
Pero non tes por que facelo soa ou só.
Entra no buscador, explora perfís.
Deixa que outras persoas che boten unha man.
Damos visibilidade aos teus anuncios.

O que non se comparte, pérdese.
Dá voz ao que fas, ao que precisas. O que tes que dicir importa.
Botas en falta algunha profesión?

Gustaríache aportar algo positivo a este proxecto para que medre?
Síntete libre de escribir e contarnos.