Ola! Son Lucas, xornalista de profesión, e levo anos adicándome á xestión de marcas, comunicación, marketing e creatividade.
A miña traxectoria está marcada pola inquietude de probar como se comunica e traballa a estratexia de contidos en diversos sectores, dende os medios de comunicación, gabinetes ou o sector industrial entre outros. Ademais, a fotografía especialmente en analóxico é unha das miñas paixóns. Encántame a narrativa visual e actualmente desenvolvo proxectos con estes formatos analóxicos para marcas.
Falo e traballo con soltura en galego e castelán, amais de en italiano e inglés. Estou dispoñible e moi ilusionado por descubrir e poder axudar a persoas e marcas do mundo rural que precisen contar ao mundo a súa realidade e historias.
Máis sobre min e os meus proxectos en lucasmendez.com.